sábado, 25 de xuño de 2022

CANDORCAS E UNICORNIOS_Photocall, diversión e recomendacións

 

No Club de Lectura de 1º da ESO lemos Candorcas e unicornios de María Canosa. Gustounos tanto que decidimos crear un photocall -no que aparecen personaxes e símbolos destacados na novela- para divertirnos sacando fotos e recomendar o libro. Unha actividade que serviu para profundar no significado e goce do libro, e que se inclúe no Contrato Programa Innova de Fotografía que levamos a cabo no noso Centro.