martes, 11 de marzo de 2014

Inmigrantes e residentes dixitais


     Reflexionando sobre estes dous conceptos, inmigrantes e residentes dixitais,e sobre a importancia indubidable da competencia dixital non podo deixar de pensar que eu xa vivín estas aceleracións pedagóxicas noutros momentos: hai que sacar os alumnos das clases; a televisión é a súa vida, temos que introducila nas clases...

http://andreaeduca-andrea.blogspot.com.es/




     Non sería bo aprender do pasado? Non estaremos empezando a casa polo tellado? O primeiro que temos que facer é marcar obxetivos claros (alfabetizacións múltiples, uso seguro das redes sociais, a competencia informacional...) e despois preparar ao profesorado para non volver nunca máis a ensinar as partes da árbore sobre un esquema pendurado nunha árbore.

mércores, 26 de febreiro de 2014

Declaración de intencións

Comezamos a andaina dun novo recurso na rede.
Os obxectivos deste proxecto están aínda abertos a investigar as posibilidades que poda ofrecer. Dende a promoción de lecturas na nosa lingua, pasando pola posta en valor de magnificos blogues que xa están funcionando ata a posible utilización deste recurso para traballar a expresión escrita  establecendo canles de comunicación máis alá das aulas.