domingo, 6 de xuño de 2021

 Bibliotráiler Veleno en familia de Rocio Leira

Con motivo da participación de Rocio Leira na III Mes do Libro, varias alumnas de 4º da ESO realizaron este vídeo de presentación da novela da que nos viña falar.

Parabéns a todas elas!


 

Bibliotráileres  Flores de ferro

Presentamos varios bibliotráileres realizados polo alumnado de 1º bacharelato para agasallar a autora, María Rei Vilas pola súa participación no III Mes do Libro organizado pola Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema.

Grazas a todos e todas polo voso entusiasmo.

O primeiro que presentamos foi realizado por Elena Pose.

 O seguinte foi realizado por Silvia Barcia.


 O terceiro foi elaborado por María Niño.

 O que vén a continuación por Cristina Pastoriza

A seguir as escenas creadas por Ariadna Lema.

 

Iria Pose presentounos o seguinte:


 E para rematar o creado por Nerea Conde, Simón Quiñoy, Francisco Manuel Romero e Álvaro Suárez.

Visita de Rosalía de Castro ao IES Maximino Romero de Lema

De todas as actividades que realizou este ano a Biblioteca do IES Maximino Romero, a que máis ilusión nos fixo, sen dúbida ningunha, foi a visita de Rosalía de Castro co motivo da celebración do Día de Rosalía.

O alumnado gozou da especial viaxe a través do tempo e puido entender a relevancia da  nosa autora máis recoñecida e regalarlle un selfi á poeta do Sar. Velaquí tendes o álbum para a lembranza de tan extraordinaria invitada.

Grazas Rosalía!

 



 

sábado, 5 de xuño de 2021

BOOKTRAILER 

A balada dos unicornios de Ledicia Costas 

 

    Este vídeo foi gravado nos primeiros meses do 2020, antes de que a COVID-19 se cruzara nas nosas vidas. Non deu tempo de realizar todas as escenas que pretendiamos, pero consideramos que este é bo momento para publicalo e seguir adiante. Tempo haberá de iniciar novos proxectos , agora que coa vacina xa se pode albiscar un regreso á normalidade.